Requerimentos do Concello de Narón

DOCUMENTOS APROBADOS POLO PLENO DO CONCELLO DE NARÓN NA SESIÓN DO 14 DE XULLO DE 2014

O pasado 14 de Xullo de 2014, o Pleno do Concello de Narón aprobaba, a proposta da Alcaldía, tres REQUIRIMENTOS (previstos no artigo 44 da Lei 29/1998, de 13 de Xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa) a fin de que polo Concello de Ferrol se adopte un acordo revogando e deixando sen efecto tres decisións adoptadas na sesión plenaria de 29 de Maio último, onde se aprobou un Convenio de Colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol; un Protocolo de Execución entre ese Concello e Emafesa (nos Requirimentos sinalados como documentos DOC-2 e DOC-3); e o acordo onde se aproba provisionalmente a imposición e ordenación dunha taxa polo servizo de depuración de augas residuais (documento sinalado como DOC-1), por ser, segundo o Concello de Narón, os dous primeiros nulos de pleno dereito e o último non ser conforme a dereito, dado a nulidade dos dous primeiros acordos.
DOC-Nº1 | Requirimento aprobado no Pleno do Concello de Narón ao Acordo Plenario do Concello de Ferrol sobre a aprobación provisional da imposición e ordenación dunha taxa polo servizo de depuración de augas residuais. | Acceder/Baixar.

DOC-Nº2 | Requirimento aprobado no Pleno do Concello de Narón ao Acordo Plenario do Concello de Ferrol sobre Protocolo de Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e a empresa mixta de xestión privada EMAFESA, para a explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do municipio. | Acceder/Baixar.

DOC-Nº3 | Requirimento aprobado no Pleno do Concello de Narón ao Concello de Ferrol para que se adopte acordo de revogación e deixe sen efecto, o adoptado no Pleno, polo que se aprobou o  Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do municipio. | Acceder/Baixar.

OUTROS DOCs | Cadros comparativos dos estudios feitos por EMAFESA (empresa mixta Ferrol) e COSMA (empresa mixta Narón), para a obtención da Taxa a aplicar. | Acceder/Baixar.
>>> VOLTAR AO INICIO

\\\\\