Mesa de Traballo en Ferrol: sobre Auga e Corrupción, coa presencia de Fernando Urruticoechea (Economista e interventor xeneral municipal no concello valenciano de Oriola) - Consecuencias da xestión privada da auga - Este venres 13 de Maio, ás 18:30hs en Caranza, local de Fuco Buxán


Mesa de Traballo

Auga e Corrupción.
Consecuencias da xestión privada da auga.

Xornada Aberta! Participa !!

Coa participación de Fernando Urruticoechea, economista e interventor municipal, con habilitación estatal, de categoría superior. Foi precursor das denuncias de corrupción xa en 1990 no concello de Galdakao (Biscaia), sendo máis coñecido o seu labor profesional, de control da legalidade, no Concello de Castro Urdiales (Cantabria), entre os anos 2001 e 2006. Máis recentemente tivo que informar acerca da corrupción existente no concello de Crevillente (Alacante), tamén case en total soidade. Como funcionario demostrou ser unha persoa comprometida co cumprimento da súa profesión, en defensa do interese xeral e moi activa contra a corrupción.

[*] Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeneral municipal no concello valenciano de Oriola, na comarca do Baix Segura

Artigo de Interese:
Como gañar a batalla do auga, de Fernando Urriticoechea. | Publicado o setembro 14, 2014 en Atlántica XXII (Revista Asturiana de Información e Pensamento). | Ir á Web.

Enlaces relacionados:
A Coruña quere levar o dereito humano á auga a toda a súa xestión. | 21 de setembro de 2015. | Ir á Web.

||||||||||||||||||||||||