Consulta Popular

Consulta Popular para a remunicipalización da auga e do saneamento

A Iniciativa Cidadá, ademais da solicitude de Audiencia Pública, contempla unha Inciativa Popular que incúa unha a realización dunha Consulta Popular coa proposta para a remunicipalización da auga e o saneamento de Ferrol ao amparo do disposto nos Artigos 24 e 25 do capitulo VII (Consulta Popular) do Título II (Dereitos da Cidadanía), do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol.

Segundo o Regulamento citado, a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación que teremos que recadar, ascenderá ao 10% do censo electoral de Ferrol (63.220 persoas censadas nas Eleccións europeas do 2014), 6.322 sinaturas, por tratar-se dunha Consulta Popular incluída nunha Iniciativa Popular, senón só sería o 5%.

O texto para a recollida de sinaturas para presentar a Iniciativa Popular, e solicitar a realización dunha Consulta Popular nos termos que sinala o Regulamento de Participación Cidadá é o que segue:
INICIATIVA POPULAR

Consonte o artigo 19 do Regulamento de Participación Cidadá, a veciñanza de Ferrol presentamos unha INICIATIVA POPULAR baseada na remunicipalización da auga e o saneamento que incorpore unha CONSULTA POPULAR ao abeiro do capítulo VIII do título II do dito regulamento.
Detalle sobre a Iniciativa popular, lexislado no do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol aprobado por unanimidade do Pleno do Concello na sesión ordinaria do 9 de Xullo de 2009 e publicado no BOP do 2 de Decembro de 2009 Número 256, Páxina 58. Que segundo o Artigo 1 do mesmo: O obxecto deste Regulamento é regular as formas, medios e procedementos de participación das veciñas e veciños na xestión e control das políticas públicas municipais, tanto individualmente como a través de entidades cidadás:
CAPÍTULO VIII. CONSULTA POPULAR

Artigo 24. Definición e tramitación da consulta popular.

1. O Concello, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local [*], poderá someter a consulta da cidadanía aqueles asuntos de competencia propia municipal e de carácter local, agás os relativos á facenda local, que sexan de especial relevancia para os intereses dos veciños e das veciñas; debendo ser solicitada por pedido colectivo dun mínino do 5% do Censo Electoral.

2. A convocatoria deberá ser acordada por maioría absoluta do Pleno, remitida á Xunta de Galicia e autorizada polo Goberno estatal.

3. Unha vez autorizada, a Xunta de Galicia realizará a convocatoria mediante Decreto.

Artigo 25. Mecanismos para o coñecemento das demandas cidadás.

1. Co fin de poder coñecer en todo momento as demandas cidadás, a opinión respecto dos servizos municipais e as necesidades dos/das veciños/as de Ferrol, levaranse a cabo sondaxes de opinión, enquisas de satisfacción e calquera outro método cuantitativo ou cualitativo de investigación social, de modo periódica e habitual.

2. Os resultados destas sondaxes de opinión serán públicos e publicitados a través dos medios de comunicación locais e da páxina web no “Observatorio Cidadá”  (tal e como recolle o artigo 8 do presente Regulamento).
Pregos para a recollida de sinaturas para a solicitude da Consulta Popular dentro da Iniciativa Popular | Acceder ou Baixar..

/////

[*] Artigo 71 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local.

De conformidade coa lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma, cando esta teña competencia estatutariamente atribuída para iso, os Alcaldes, previo acordo por maioría absoluta do Pleno e autorización do Goberno da Nación, poderán someter a consulta popular aqueles asuntos da competencia propia municipal e de carácter local que sexan de especial relevancia para os intereses dos veciños, con excepción dos relativos á Facenda local.

/////