Iniciativa Popular

Proposta dunha Iniciativa Popular que inclúa unha realización dunha Consulta popular para a remunicipalización da auga e do saneamento

Dentro da  Inicitiva Cidadá e ao amparo do artigo 19, e segundo o disposto no 20, do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, ademais da solicitude de Audiencia Pública, presentamos unha Iniciativa Popular coa proposta para a remunicipalización da auga e o saneamento, que inclúa unha Consulta Popular.

Segundo o Regulamento citado a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación que como mínimo, teremos que recadar ascenderá ao 10% do censo electoral de Ferrol (63.220 persoas censadas nas Eleccións europeas do 2014), 6.322 sinaturas,.

O texto para a recollida de sinaturas para presentar a Iniciativa Popular, e solicitar a realización dunha Consulta Popular nos termos que sinala o Regulamento de Participación Cidadá é o que segue:
INICIATIVA POPULARConsonte o artigo 19 do Regulamento de Participación Cidadá, a veciñanza de Ferrol presentamos unha INICIATIVA POPULAR baseada na remunicipalización da auga e o saneamento que incorpore unha CONSULTA POPULAR ao abeiro do capítulo VIII do título II do dito regulamento.
Detalle sobre a Iniciativa popular, lexislado no do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol aprobado por unanimidade do Pleno do Concello na sesión ordinaria do 9 de Xullo de 2009 e publicado no BOP do 2 de Decembro de 2009 Número 256, Páxina 58. Que segundo o Artigo 1 do mesmo: O obxecto deste Regulamento é regular as formas, medios e procedementos de participación das veciñas e veciños na xestión e control das políticas públicas municipais, tanto individualmente como a través de entidades cidadás:
CAPÍTULO VI. DEREITO DE INICIATIVA POPULAR

Artigo 19. Definición de iniciativa popular

1. Os/as veciños/as que gocen do dereito de sufraxio activo nas eleccións municipais poderán exercer a iniciativa popular, presentando propostas de acordos, actuacións ou proxectos de regulamentos en materias de competencia municipal.

2. Estas iniciativas deberán ir subscritas cando menos polo 10% da poboación inscrita no censo electoral.

3. As iniciativas poderán, no seu caso, levar incorporada unha proposta de consulta popular local, que será tramitada polo procedemento e cos requisitos do Capítulo VIII do presente Título deste Regulamento.

Artigo 20. Funcionamento da iniciativa popular

1. Tales iniciativas requirirán informe previo de legalidade do/da Secretario/a Xeral do Concello, así como o informe do/da Interventor/a cando afecte a dereitos e obrigas de contido económico.

2. Vista a legalidade da iniciativa, nos termos anteriormente mencionados, o Concello someterá esta a información pública durante un prazo de 1 mes, agás por razóns de urxencia que aconsellaran un prazo máis curto.

3. O Concello, concluído o prazo de exposición pública, someterá as iniciativas a debate e votación no Pleno.

4. A decisión terá en conta principalmente o interese público da iniciativa.

5. Antes do debate e votación plenaria, o Concello poderá solicitar aclaracións complementares á persoa ou colectivo que ten feito a proposta.

6. No caso de que o Pleno municipal aprobe a iniciativa cidadá, fará pública a forma e calendario co que se levará a cabo, e destinará a partida económica correspondente.
Pregos para a recollida de sinaturas para a solicitude da Iniciativa Popular | Acceder ou Baixar..

/////